Coloquio

Etiquetas:
15/04/2015
O médico e divulgador sanitario Antonio Palomar estará en Cervo este venres, 17 de abril, no salón de plenos do Concello para participar nunha charla coloquio.
 
Organizado pola asociación de consumo ecolóxico Karrikanta e a asociación Airiños do Xunco de Cervo , coa colaboración do Concello de Cervo , durante os días 16 e 17 estará na Mariña o medico e divulgador sanitario Antonio Palomar para presentar e falar de “Alimentación inteligente y cocina saudable”.
Antonio Palomar ( Getxo , 1959) é médico e divulgador sanitario. Desde hai 30 anos dá conferencias e cursos sobre nutrición, alfabetización emocional e educación para a saúde. Colaborou coas revistas Integral e Natura Medicatrix e o xornal Diagonal . Desde 1986 traballa en Sumendi, asociación pola auto-xestión da saúde. Éé coautor de Psicopolis ( Kairós ). En Txalaparta publicou La despensa de Hipócrates . Os poderes de curación dos alimentos, A sabedoría de Higea. O poder de...
leer más
17/11/2014
O Concello de Foz organiza un coloquio sobre violencia de xénero e mocidade para este sábado na Casa da Cultura.

 

O Concello de Foz organiza unha mesa coloquio sobre violencia de xénero e mocidade. Será este sábado, día 22, ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura Poeta Manuel María. Dende a organización explicaron que “continuamos o traballo que comezou no ano 2013 coa campaña denominada Para querer, quérete, ante a preocupación sobre a maior cantidade de casos de violencia de xénero na mocidade, onde as relacións comezan a unha idade máis temperá.  Nesta ocasión achegamos no formato de mesa coloquio a profesionais que traballan neste ámbito. Así teremos a: Julia Vidarte, educadora familiar do Concello de Foz; Javier  Ponte, orientador do C.P.R. Martínez Otero; Ana Pacio, xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da  Subdelegación do Goberno e un especialista no tratamento e atención de vítimas de violencia de xénero...

leer más