Covas

Etiquetas:
24/01/2016
Beiras de Viveiro organiza unha xincana zombie o 5 de febreiro na praia de Covas. A asociación repartirá 1.200 euros en premios.
 
A asociación de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro repartirá 1.200 euros en premios o vindeiro 5 de febreiro. A xincana zombie terá lugar na praia de Covas a partir das 20 horas.
Desde Beiras de Viveiro animan a participar: “recruta o teu clan de zombies (formado por cinco membros), apuntádevos nun local da asociación, tedes ata o 1 de febreiro. Participarán os primeiros 16 clans inscritos”.
Por outra banda o 10 de febreiro, mércores, terá lugar o enterro da sardiña “custodiada no BB Lounge Bar, haberá velatorio amenizado con música, bolos preñados e viño para os que acudan disfrazado coa sábana e a continuación sairase ata Viveiro para enterrala na praza Maior. 
 
Etiquetas:
26/02/2015
Este venres, 27 de febreiro, será en Viveiro o debate sobre as posibles intervencións a realizar na praia de Covas. O acto está organizado por Pensamento e Sementeira.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeria convocou un debate arredor das posíbeis intervencións no areal de Covas que terá lugar este venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior.
Os cambios, acentuados agora por efeito das últimas vagas de mar e as transformacións producidas nos  últimos anos no medio, que ocuparon todo o sistema dunar, construíndo espigóns e canalizacións,   deron lugar a escaseza de area e ao desequilibrio da praia. 
O porto de Celeiro diminuiu drásticamente a enerxía das ondas do mar que rompen no areal provocando a perda de area no sector occidental que é transportada lonxitudalmente de oeste a este. 
Estes...
leer más
Etiquetas:
15/02/2015
Pensamento e Sementeira organiza un debate arredor do estado do areal de Covas. Será o 27 de febreiro na Biblioteca Municipal de Viveiro.
 
O colectivo viveirés xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior.
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira "as modificacións que está a sufrir o areal son motivo de preocupación para a veciñanza. É por iso que organizamos este debate". No mesmo intervirán as seguintes persoas:
-Alexandre García, biólogo.
-Andrés Díaz Ferro, práctico do porto de Celeiro.
-J. Pino, capitán de pesca.
-Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo...
leer más