Danza

Etiquetas:
26/02/2016
O público familiar poderá gozar o 28 de febreiro en Ribadeo do espectáculo "Xoga", a cargo de Cía.Entremans.
 
Este domingo, 28 de febreiro, o Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá o espectáculo "Xoga", da compañía Cía.Entremans. “Unha oportunidade para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe desde a imaxinación ao coñecemento”, explican.
 
Aqueles e aquelas que necesiten sentir o ritmo teñen unha oportunidade única. O espectáculo comezará ás 17:30 horas con entrada única a 3 euros. 
Etiquetas:
03/06/2015
Este venres, 5 de xuño, o auditorio municipal de Ribadeo acollerá unha actuación en favor da loita contra o cancro. Correrá a cargo do alumnado de danza da EMMeD.
 
O alumnado de danza da EMMeD de Ribadeo presenta “Alicia no país das maravillas”. Será este venres, 5 de xuño, ás 20 horas no auditorio municipal.
Trátase dunha actuación a favor da loita contra o cancro. Está organizada pola Asociación Española Contra el Cáncer e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo. 
O prezo das entradas será de 4 euros.