Danza
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o día 28 de xuño unha xornada de portas abertas. Será no Parque de San Francisco, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Alí o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten, incluíndo unha pequena clase práctica.
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2010.
– Danza/ballet: desde os 4 anos (ano 2013) en diante.
– Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2009) en diante.
Desde a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo animan a participar nesta actividade: “aproveita esta oportunidade para probar de balde”. E advirten que “en caso de inclemencias meteorolóxicas, trasladarase ás instalacións da EMMeD”.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2016/17. Farao de xeito oficial este sábado, 17 de xuño, a partir das 18:00 horas no Cantón, coa celebración do festival de fin de curso que nesta ocasión está dedicado a Músicas do mundo. As diferentes agrupacións que sairán a escena interpretarán música de diferentes países, facendo un percorrido por case todo o mundo.
O responsable da EMMeD, Hugo García, manifestou que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén neste novo formato ao aire libre”.
En caso de inclemencias meteorolóxicas o festival trasladarase ao pavillón municipal.
O Concello de O Valadouro conmemora o Día Internacional da Danza o día 29 de abril.
Baixo o lema de Somos un país que baila. Disfruta. Danza o 29 celebra a xornada cunha serie de actividades coa Asociación Cultural Amado Lar e o Club de Baile Deportivo Goldance. Darán comezo ás 20:30 horas e terán lugar na Casa da Cultura de O Valadouro.
Para rematar celebrarase unha master class gratuíta de baile social a cargo de Dimas Fernández Ron, profesor da Escola Goldance.