Día da Pesca

19/11/2026

A Fundación Expomar súmase este domingo, 22 de novembro, ás celebracións do Día Mundial da Pesca, que se conmemora internacionalmente cada 21 de novembro, cunha xornada especial realizada co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Burela.

O acto central da xornada será a preestrea do filme documental Fomos Ficando Sós, do cineasta burelao Adrián Canoura, que terá lugar na Casa da Cultura de Burela ás 12:00 horas e estará seguida dunha charla-coloquio na que participarán, ademais do director, o protagonista, Raúl Canoura, pai do director e mariñeiro, e o produtor da película, Brais Romero, de Zeitun Films, moderados polo xornalista Anxo Rodríguez.

O peche da xornada cultural estará presidido pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da...

leer más