Domingos
Os Mercados dos Domingos en Ribadeo darán comezo o 24 de xuño e desenvolveranse ata o 14 de outubro. Nesta edición incorpóranse dous novos produtores a este mercado que se celebrará os domingos de 9 a 14 horas no exterior da praza de abastos. Poderán atoparse produtos da horta, queixo, embutidos, sumes, doces, pan, ostras, cervexa e chocolates, entre outras cousas. Os Mercados dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación de produtores/as da horta A Sucadoira.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, manifestou que “como cada tempada cos produtos da horta en plena ebullición, e tamén esperando que se achegue o verán que nos vai acompañar durante este mercado, volvemos retomar o noso Mercado dos Domingos, o Mercado dos Domingos de Ribadeo”.
A edil ribadense...
leer másO 25 de xuño comeza a nova tempada dos Mercados dos Domingos que se celebrarán nas inmediacións da praza de abastos entre as 9:00 e as 14:00 horas. Este ano contarán con dous novos produtores e terá catorce postos. O Mercado dos Domingos está organizado pola asociación A Sucadoira e o Concello de Ribadeo.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, sinalou que “como cada ano e xa coa chegada do verán Ribadeo abre esa porta para o Mercado dos Domingos, ese mercado que cada ano se dispón diante da praza de abastos e no que podemos mercar produtos locais fundamentalmente. Eses produtos frescos das hortas do concello de Ribadeo, das parroquias de Piñeira, de Vilaselán, de Arante, de Ove, eses produtos frescos que podemos degustar dunha maneira diferente a cando xa nos chegan a través doutras canles de transporte”.
... leer más






