Domingos
O Concello de Foz recupera este domingo os bailes na Sala Bahía. Anunciárono hoxe o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo.
O rexedor municipal explica que “a situación actual permíteo e hai moitas gañas de volver xuntarnos, de recuperar a vida social, da que tamén depende a nosa saúde mental. Era unha demanda unánime e no xantar dos maiores do pasado 26 de marzo adquirimos o compromiso de recuperar o baile dos domingos á maior brevidade. Cumprimos ese compromiso”.
A concelleira de Asuntos Sociais indica que “despois destes dous anos duros de pandemia xa tocaba retomar o baile dos domingos na Sala Bahía, unha celebración habilitada especialmente para as persoas maiores do noso concello. Emprazámosvos a todas e todos este domingo a desfrutar -iso si, con máscara- das cumbias e pasodobres...
leer másO Mercado dos Domingos, que tería que celebrarse o 25 de xullo, trasládase ao sábado. Terá lugar, como é habitual, na contorna da praza de abastos.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “debido á festividade do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, e só por esta semana cambiamos a data do noso Mercado dos Domingos. En lugar de celebrar a tradicional cita este domingo trasladámola ao sábado 24 na contorna da praza de abastos en horario de dez da mañá a dúas da tarde”.
O edil ribadense engade que “xa para o vindeiro 1 de agosto volvemos celebrar o mercado en domingo, coma sempre, desde o pasado 27 de xuño e ata o 10 de outubro”.
O Mercado dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación A Sucadoira. Nel participan 14...
leer másEste domingo, 27 de xuño, arrinca a XX edición do Mercado dos Domingos. Na cita, que organizan o Concello e A Sucadoira, participarán 14 produtoras e produtores da zona. Na presentación o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, lembrou que se celebrará na contorna da praza de abastos todos os domingos de 9 a 14 horas desde o 27 de xuño ao 10 de outubro.
O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo organiza o Mercado dos Domingos en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Trátase dun mercado de produtoras e produtores da nosa zona, que pon en valor a economía de proximidade, que potencia o consumo de tempada e saudable, que coida do medio e que beneficia, loxicamente, a nosa economía local e apoia e dinamiza a vila de Ribadeo”.
Pablo Vizoso contou que “este mercado...
leer másEste domingo, 11 de outubro, conclúe a décimo novena edición do Mercado dos Domingos, que se veu celebrando desde o pasado 5 de xullo na contorna da praza de abastos. A xornada estará amenizada a partir das doce do mediodía por Souto Xímaro, de Mondoñedo.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, indica que “este ano, debido á pandemia da Covid-19, non celebraremos a tradicional Feira da Horta, que era o colofón ao Mercado dos Domingos. Contaremos con animación musical desde media mañá”.
O Mercado dos Domingos ten lugar de 9 a 14 horas e está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira. Con el búscase promocionar o consumo de local e de proximidade e apoiar a creación de canles de comercialización máis curtas coa clientela e axudar a unha mellora da sostibilidade e da economía local. ...
leer másA décimo novena edición do Mercado dos Domingos terá lugar do 5 de xullo ao 11 de outubro os domingos na contorna da praza de abastos en horario de 9 a 14 horas. Serán 14 os produtores que acudirán a esta cita coa que se potencia o consumo local. O evento, que está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira, foi presentado esta mañá.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “como cada tempada nesta época de verán volve o Mercado dos Domingos, que dará comezo o vindeiro 5 de xullo. Este é un mercado organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Asociación de produtores e produtoras da horta A Sucadoira”.
O edil ribadense contou que “o Mercado dos Domingos é un mercado sostible que sirve de plataforma de venda de produtos ecolóxicos e de proximidade e que terá lugar cada...
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Mercado dos Domingos de Ribadeo quere continuar apostando pola alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade e nesta ocasión quere dedicarlle un día ao tomate. Ese produto do que existen moitas expresións coma Toma Tomate ou Aquí hai tomate e que deixa constancia da enorme popularidade deste produto, base culinaria de moitas das nosas receitas e que no verán está no seu máximo esplendor”.
O edil ribadense contou que “o 1 de setembro o Mercado dos Domingos acollerá a celebración de Toma Tomate, na que ademais da venda directa dos produtores e produtoras que cada domingo acoden ao mercado haberá diversidade de actividades nas que o tomate será o protagonista. Así desde primeira hora poderemos gozar cunha mostra das diferentes variedades do tomate. ás 11:...
leer másO Mercado dos Domingos celébrase na contorna da praza de Abastos de Ribadeo ata o 13 de outubro. Esa xornada terá lugar a Festa da Horta. Pero antes os días 1 e 22 de setembro chegarán o Toma Tomate e o Pemento Fest respectivamente. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, presentou a axendiña do Mercado dos Domingos.
O edil ribadense lembrou que “o concello de Ribadeo aposta desde hai moitos anos polo desenvolvemento dun espazo de consumo local como é o Mercado dos Domingos. Este mercado celébrase todos os domingos na contorna da praza de abastos e terá duración ata o 13 de outubro”.
Vizoso dixo que “o Mercado dos Domingos é un mercado de produtores e produtoras da zona, un mercado directo, achegando así os produtos ás persoas consumidoras, das persoas produtoras á mesa poñendo en valor a...
leer másRibadeo acollerá na mañá do domingo, 11 de agosto, un día dedicado ao produto local dentro do Mercado dos Domingos. A actividade está organizada polo Concello de Ribadeo e a Asociación de produtores e produtoras da Horta de Ribadeo A Sucadoira.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “celebramos este día do produto local no Mercado dos Domingos porque entendemos que é o mellor lugar para comezar a valorar o produto local, por ser o mercado de produtores e produtoras locais onde se achega directamente os produtos ao consumidor, das persoas produtoras á mesa, poñendo en valor a economía máis próxima e potenciando o consumo de tempada e responsable”.
O edil ribadense sinala que “durante a mañá do 11 de agosto o Mercado dos Domingos ademais de acoller a venda directa dos produtores e...
leer másO 23 de xuño arrinca unha nova edición dos Mercados dos Domingos, que se celebrarán na contorna da praza de abastos ata mediados do vindeiro mes de outubro. A cita está organizada polo Concello en colaboración coa asociación de produtores/as da horta A Sucadoira.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “como cada tempada cos produtos da horta en plena ebullición de verán, volvemos retomar o noso Mercado dos Domingos, un mercado de produtores e produtoras locais, sen intermediarios, achegando así os produtos ás persoas consumidoras, do produtor á mesa poñendo en valor a economía máis próxima, potenciando o consumo de tempada e saudable, coidando do medio e con garantías de calidade e frescura”.
O rexedor lembrou que “o Mercado dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación de...
leer másOs Mercados dos Domingos en Ribadeo darán comezo o 24 de xuño e desenvolveranse ata o 14 de outubro. Nesta edición incorpóranse dous novos produtores a este mercado que se celebrará os domingos de 9 a 14 horas no exterior da praza de abastos. Poderán atoparse produtos da horta, queixo, embutidos, sumes, doces, pan, ostras, cervexa e chocolates, entre outras cousas. Os Mercados dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación de produtores/as da horta A Sucadoira.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, manifestou que “como cada tempada cos produtos da horta en plena ebullición, e tamén esperando que se achegue o verán que nos vai acompañar durante este mercado, volvemos retomar o noso Mercado dos Domingos, o Mercado dos Domingos de Ribadeo”.
A edil ribadense...
leer más