Fútbol base

Etiquetas:
21/03/2016
O 24 de marzo, Xoves Santo, dispútase en Burela o II Triangular de Semana Santa de Fútbol Sala Base, que organiza a Fundación Imdecum.
 
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña continúa na súa aposta polo futuro do fútbol sala. A segunda edición do Torneo Triangular de Semana Santa de Fútbol Sala Base reunirá o Xoves Santo, en Vista Alegre (Burela), as categorías prebenxamín, benxamín e alevín da ED Burela FS, AFD Porto de Burela e o coruñés Unidad Fene FS.
 
O torneo arrancará ás 10.00 horas cun enfrontamento alevín cento por cento laranxa e porá fin ás 19.00 horas co compromiso prebenxamín entre AFD Porto de Burela e Fene FS. A entrega de trofeos clausurará a xornada ás 20.00 horas.
 
Etiquetas:
04/06/2015
Os torneos de fútbol base da SD Ribadeo levarán a esta vila a 60 equipos e arredor de 3.000 persoas. Será durante as tres vindeiras fins de semana.
 
Un total de 60 equipos e arredor de 3.000 persoas chegarán a Ribadeo durante as vindeiras tres fins de semana para participar nos torneos de fútbol base organizados pola SD Ribadeo. Os eventos foron presentados esta mañá no salón de plenos do Concello. O primeiro en disputarse será o VIII de Fútbol Infantil os días 6 e 7 de xuño no estadio Pepe Barrera. Seguirá os días 13 e 14 de xuño co XII Torneo SD Ribadeo nas categorías benxamín e pre benxamín e os días 20 e 21 de xuño nas categorías alevín e mini prebenxamín.
O concelleiro de Deportes en funcións, Vicente Castro, dixo que “como en anos anteriores, e xa van 12, a SD Ribadeo en colaboración co Concello e coa Deputación Provincial, organiza os torneos internacionais de fútbol base. O que empezou como uns torneos modestos...
leer más