novo circo
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, día 17 de outubro, ás 18:00 horas Sen patrón, a cargo de de Pistacatro, un espectáculo de novo circo para todos os públicos, a partir de 6 anos, que combina malabares, humor e equilibrios sorprendentes.
O elenco artístico está formado por Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero.
Ten unha duración de 45 minutos e a sinopse é: “no mundo dos malabares todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos viren sen fin. Pero que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patróns non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan sobre as súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que...
leer más



