Obradoiro

Etiquetas:
13/02/2015
Fraga das Saímas abre o prazo de inscrición para anotarse no obradoiro de masaxe relaxante e na maratón de tute de igualdade, que terán lugar os días 6 e 7 de marzo.
 
O colectivo Fraga das Saímas, a través da súa Directiva, está a organizar diversas actividades para celebrar o Día Internacional da Muller, sendo unha delas a impartición, da man da quiromasaxista e terapeuta holística Isabel Giráldez, dun obradoiro de masaxe relaxante de espalda dirixido  a todas as nosas socias, veciñas e amigos. 
Os obxectivos do obradoiro pasan por “introducir ás persoas interesadas, sen coñecementos previos, no mundo da masaxe, proporcionar unha ferramenta de axuda a relaxación e ó benestar físico, mental e emocional mediante diferentes técnicas de masaxe, coñecer e experimentar os rudimentos básicos da masaxe de relaxación, valorar o contacto corporal como medio para a relaxación e aplicar a masaxe en situacións de estrés como medio”.
... leer más
Etiquetas:
10/02/2015
A Concellaría de Igualdade de Ribadeo organiza un taller de harmonización corporal para mulleres en marzo e abril. A inscrición ábrese hoxe.
 
A Concellaría de Igualdade organiza un taller de harmonización corporal para mulleres, que se desenvolverá durante os meses de marzo e de abril na sala Sonda Norte da Casa da Xuventude. As prazas son limitadas. A inscrición ábrese hoxe no CIM. A actividade está dirixida a todas as mulleres que sufran algún tipo de dor: de espalda, de cuello, de ombros; a aquelas que padezan fibromialxia, incontinencia urinaria de orixe muscular e ás que desenvolvan unha vida sedentaria ou con actividades profesionais que conleven unha mala hixiene postural. 
Segundo explica a edil Mariluz Álvarez Lastra “o taller será impartido pola fisioterapeuta colexiada e experta en cadeas musculares e ximnasia abdominal hipopresiva Sandra Saavedra Blanco. O taller de columna consta dun total de  8...
leer más
18/12/2014
Barreiros acollerá o vindeiro martes, 23 de decembro, un obradoiro formarivo sobre busca de emprego

 

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barreiros, coa colaboración da Xunta e da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, organiza para o vindeiro martes, 23 de decembro, un obradoiro de busca de emprego co nome Activando o teu futuro. A actividade englóbase dentro do plan Activa 2014, destinado á formación para a mocidade, e levarase a cabo entre as 11:30 e as 13:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Poderán participar todos os xoves de entre 16 e 30 anos que conten con certificado oficial, así coma tódalas persoas maiores de 30 anos que non teñan no seu poder dito certificado. Os interesados poden inscribirse xa na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros.

O obxectivo do obradoiro é o de facilitar a busca de emprego entre xoves, feito para o cal...

leer más