Primavera

17/03/2016
Todo está listo no Valadouro para a celebración o 19 de marzo do tradicional Mercado de Primavera. Haberá música, teatro, tapeo, premios e xogos tradicionais, entre outras actividades.
 
O Valadouro acollerá un ano máis o seu Tradicional Mercado Anual de Primavera o vindeiro día 19 deste mes. Haberá mercado polas rúas de Ferreira con ruta de Tapeo Enxebre e cantos de taberna. Os pasarrúas correrán a cargo de Cé Orquestra Pantasma, A.C. Amado Lar e Festicultores Troupe e haberá actuacións teatrais con Mircromina Teatro. Os asistentes terán posibilidade de dar paseos en poni e a cabalo e os máis peques poderán participar nun certame de pesca infantil. A xornada completarase cos xogos tradicionais a cargo de Xotramu e co concerto que ofrecerá A Troba do Bugallo.
 
Neste Mercado de Primavera do Valadouro repartiranse premios para os locais comercial e hostaleiro decorados máis enxebre. Ademais haberá zonas para aqueles...
leer más
Etiquetas:
23/02/2016
O 19 de marzo celébrase unha nova edición do Mercado de Primavera en Ferreira do Valadouro. A Delegación de Cultura lembra que aínda quedan postos libres para participar nesta cita.
 
Desde a Concellería de Cultura de Ferreira do Valadouro sinalan que “unha das datas máis relevantes culturalmente falando no Valadouro é a celebración do mercado de Primavera que nesta edición se celebra o 19 de marzo. De momento, aínda queda algún posto para o mercado que se vai a celebrar na rúa desde as 10:00 horas e durante toda a xornada. Tamén queda, de momento, sitio para os distintos grupos de cantos de taberna que van amenizar a ruta de tapeo”. 
 
Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982 57 15 16 de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas así como os sábados de 10:00 a 13:00 horas ou nas oficinas da Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro no primeiro piso da Casa da...
leer más
23/02/2015
Ata o 13 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para participar no tradicional Mercado Anual de Primavera de O Valadouro, que organiza o Concello.
 
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro informa que o vindeiro 28 de marzo celébrase o Mercado Tradicional Anual de Primavera de O Valadouro no que contarán con numerosa actividade polas rúas  de Ferreira. 
Segundo explican desde o Concello “este mercado pretende recuperar, ó igual que se facía antano, os postos de venda ambulante que tiñamos por aquel entón. Por este motivo, ábrese un prazo de inscrición ata o vindeiro 13 de marzo de 2015 ás 20:00 horas. Poderán inscribirse todo tipo de artesáns, produtores de horta e do campo, ferreiros, zoqueiros, cesteiros, … chamando ó teléfono 982.57.15.16 ou nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro”. 
Tamén como motivo do Mercado Anual, vaise celebrar un taller de...
leer más