Queimada

Etiquetas:
08/08/2017

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar das festas na honra á Nosa Señora, San Roque e o Carme.

A edil de turismo, Manuela Méndez Álvarez, xunto con membros de Rego Cachón (organizadores), Airiños do Xunco e da Comunidade de Montes (colaboradores. SD Sargadelos non puido estar) presentaron o cartel das festas que dende este luns terán lugar no municipio cervense.

As festas comezarán o luns 14 ás 18:30h ca Inauguración da Exposición de Manualidades. A partir das 20h a XII Festa do Ovo Frito e para rematar o día, verbena co grupo Montreal.

O martes día 15 ás 13h Misa Solemne e Procesión na Honra á Nosa Señora e ó Carmen, con ofrenda florar os mariñeiros. Ás 14:00h Sesión Vermú coa orquesta Ría de Arosa. Ás 19h Festival Folclórico con “Airiños do Xunco” e “Racho Folclórico...

leer más
Etiquetas:
16/08/2016
Presentada a XXXVIII Queimada Popular e o XX Mercado Tradicional que se celebrarán en Cervo este sábado, día 20.
 
A XXXVIII edición da Queimada Popular, que está declarada de interese turístico, e a XX do mercado tradicional, que se van celebrar en Cervo este sábado 20, foron presentadas polos organizadores cun acto ao que asistiron o alcalde cervense, Alfonso Villares, e a concelleira de Turismo, Manuela Méndez.
 
O mercado tradicional, que comezará ás 10 da mañá, estará animado coas actuacións musicais do grupo de gaitas Medio Quiñón, do Home Orquestra Hortensio e do grupo de percusión Quilomberos de Monte Alto.; e a partir das 11:15 horas haberá unha exposición de manualidades. As actividades da Queimada Popular empezarán ás once da noite e a partir das doce haberá verbena con A Banda de Balbina, Festicultores e o dúo Diamante.
 ...