Xuño
O sábado 3 de xuño celebrarase na Pontenova a súa sexta Foliada.
As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha aproximación aos bailes da Fonsagrada a cargo de Adrián Méndez.
Ás 13:00 horas actuarán os gaiteiros da zona Desiderio, Nela, Modesto e amigos e despois o cuarteto Ponte da Pedra.
Despois da comida ás 17:00 horas haberá xogos tradicionais e despois actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.
Ás 19:30 horas actuarán A Chocolateira e un grupo de gaitas de A Pastoriza e a partir das 22:00 horas tocará o grupo Tanto nos ten.
Do 9 ao 11 de xuño celebrarase o III Ribadeo Ilustrado. O cartel foi presentado este mediodía polos concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero.
O edil ribadense contou que “este ano o tema central ao redor do que xirarán as actividades será Ribadeo, porto comercial e corsario. Tentaremos explicar que estaba acontecendo en Ribadeo e na contorna, na primeira metade do século XVIII para emerxer unha figura coma a de Raimundo Ibáñez”.
Pablo Vizoso lembrou que “a Área de Turismo leva tempo traballando na conformación da marca Ribadeo Ilustrado, dotándoa de contido a través de proxectos como os micro vídeos teatralizados, as rutas 360, visitas guiadas, visitas teatralizadas, e organizando no mes de xuño este evento que ano a ano vai medrando”.
O concelleiro de...
leer más




