A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro para maiores sobre o manexo de tabletas. Será os días 14, 18 e 19 de novembro.

A aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro gratuíto sobre o manexo de tabletas dirixido a persoas maiores, que terá lugar os días 14, 18 e 19 deste mes de novembro de 16:00 a 17:30 horas.

A actividade, realizada en colaboración coa Fundación Vodafone España, está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos e mostrarlles as súas múltiples vantaxes. Tamén se abordarán as posibilidades que se abren para o usuario aproveitando estas tecnoloxías que combinan unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera punto e lugar.

A Fundación Vodafone España porá a disposición dos asistentes dez tabletas para que, os que non dispoñan destes dispositivos, poidan practicar durante as clases. O obradoiro será exclusivamente para tabletas do sistema operativo Android. Non se traballará con iPads.

Para participar é necesario facer a preinscrición na propia Aula CeMIT, o prazo remata o vindeiro martes, 12 de novembro, ás 13:00 horas. O número de prazas é limitado.