O CCH de Viveiro sorteará o 4 de xaneiro 3 soldos de 1.200 euros cada un en vales de compra.

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos. 

Desde o CCH explican que “este ano seguimos apostando por reforzar a decoración da rúa, e repartimos mais de 120 árbores de luces leds que están colocados nas entradas dos comercios. A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano”. 

Instalarase a árbore de luces xigante cun novo emprazamento, este ano estará nos Xardíns Noriega Varela (zona Templete da Música). Con case 11 metros de altura incrementáronse o número de luces led que leva incorporadas e acondicionarase o valado exterior da mesma. 

Tamén se instalará nos Xardíns Noriega Varela (zona do Templete da Música) a “Casiña de Papá Noel” en colaboración có Concello de Viveiro, en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde os dias 17 e 18 de decembro e dende o 21 ó 24. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta que deixarán na casiña. 

Durante eses días Papá Noel e os Elfos recibirán ós nenos, recollerán tódalas cartas e atenderán as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casñta colocarase tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casiña non estea aberta. 

E subliñan que “o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos preguntan dende hai días, é o sorteo dos 3 soldos de 1.200€ do CCHV. O reparto das papeletas será a partir do día 26 cas compras realizadas nos comercios asociados e entregaranse ata o dia do sorteo. Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados”. 

O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2023 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran Dani Ríos. Este sorteo vai xa pola 10ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal. 

Tamén este ano haberá o Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal en colaboración co Concello de Viveiro, que chega á súa terceira edición. Haberá premios tanto para os comercios como para os veciños. 

Esta colaboración co Concello de Viveiro xurde có obxecto de incentivar a participación cidadá e empresarial nunha dobre vertente; por unha parte, favorecer a creatividade na decoración dos inmobles particulares e, por outra, contribuír á promoción das compras nos negocios locais. 

Engaden desde o CCH de Viveiro que “este ano tamén queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartiron entre os negocios asociados, 15.000 bolsas de papel e pegatiñas, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferenza. Durante estes días estamos a traballar nun spot promocional do comercio de Viveiro, que se estreará na semana do 20 de decembro, e que pretende poñer en valor o comercio da vila. Trátase dunha grande cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro”.