
A Rede Museística Provincial desenvolverá ao do 12 ao 18 de maio unha ampla axenda de actividades para conmemorar o Día Internacional dos Museo, que se celebra Internacionalmente baixo o lema O futuro dos museos en comunidades en constante cambio. Os catro museos da rede (Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla) acollerán mais dunha ducia iniciativas que, partindo das coleccións e dos valores patrimoniais dos diferentes museos, poñen en valor a diversidade, a creatividade e o diálogo intercultural.
A programación pon o foco na mocidade, público obxectivo da maioría das protagonista e protagonista tanto no deseño e coordinación de propostas como as I Xornadas de rol e xogos de mesa -o 10 e 11 de maio na Fortaleza de San Paio de Narla- , o obradoiro Robótica e arte moza, con Enrique Peñalver, -o 18 de maio no Museo Provincial de Lugo- ou o certame Xuventude en acción: A noite é nosa, que convoca a compartir a través de Instagram creacións inspiradas nos museos provinciais.
A deputada de Cultura, Iria Castro, participou na presentación das actividades, onde destacou “a diversidade de colectivos e persoas que participan na programación recollendo os froitos do traballo en rede que se realiza desde os museos” e valorou que “se apele de forma especial á mocidade, asumindo o reto de facer dos museos espazos máis atractivos e máis próximos para a rapazada”.
Entre as actividades incluídas nesta programación está o Encontro con Alba Díaz Geada: Mudar en común: Galiza 1959-1982, que será o día 16 de maio ás 17:30 horas no Museo Provincial do Mar, de San Cibrao (Cervo).
O Día Internacional dos Museos, promovido internacionalmente polo ICOM (Consello Internacional dos Museos), celébrase este ano baixo o lema O futuro dos museos en comunidades en constante cambio; “un epígrafe que convida á reflexión sobre catro piares fundamentais: a necesidade dos museos de adaptarse aso cambios, evolucionando coas mudanzas sociais, tecnolóxicas e ambientais que nos afectan no día a día, fomentar a inclusión de forma que todas as persoas se sintan representadas e protagonistas da cultural, actuaren como motores de transformación xerando conciencia e impulsando accións positiva na sociedade e traballar en colaboración cos colectivos sociais para empoderar ás comunidades”.