A catedral de Mondoñedo inaugura a nova iluminación cun concerto da Escola de Música O Pallarego e a Orquestra Clásica de Xove o 31 de maio

A catedral de Mondoñedo inaugurará a súa nova iluminación cun concerto a cargo da Escola de Música O Pallarego, do concello mindoniense, e a Orquestra Clásica de Xove. Será o día 31 de maio, sábado, ás 20:00 horas.

Interpretarán a obra para coro e orquestra Gloria RV589, Re Maior, de Antonio Vivaldi.