
O Concello de Barreiros anuncia que a partir do luns 2 de xuño abre a inscrición para facer uso do ximnasio municipal. Poderán tramitarse do 2 ao 10 de xuño ou a partir do 19 de xuño. A apertura oficial terá lugar o luns 9 de xuño cun horario que vai de luns a domingo, de 7:00 a 23:00 horas.
“Todas as persoas que formalicen a matrícula para este mes de xuño terán un desconto do 50 por centro sobre a tarifa a aplicar. Os impresos estarán dispoñibles no ximnasio, no Concello, e na web municipal (www.concellodebarreiros.gal), no apartado de deportes. Unha vez validada a inscrición os chaveiros que vos darán acceso as instalacións de maneira autónoma deberedes recollelos no propio ximnasio nos horarios en que a oficina estea aberta. Lembramos tamén que, durante a vindeira semana, continúan as xornadas de portas abertas en horario de 10:00 a 15:00 h. para facer uso libre das instalacións e ir formalizando matrículas”, explica o Concello de Barreiros.