Landrove, en Viveiro, celebra as festas de San Martín Castelo os días 6, 7 e 15 de xuño

A parroquia de Landrove, no concello de Viveiro, celebra as festas de San Martín Castelo os días 6, 7 e 15 de xuño

Este venres é o Día do Comuneiro e a partir das 23:00 horas haberá verna co dúo Epo-K.

O sábado 7 ás 13:00 horas celebrarase misa cantada polo Coro Parroquial de Landrove y a continuación sesión vermú con Cabaret, que tamén amenizará a verbena xunto a Talismán.

E o 15 de xuño, domingo, ás 11:00 horas será a saída da igrexa de Landrove cara á ermida pola ruta do Viacrucis. E ás 13:30 celebrarase misa e a continuación actuará o dúo Sonir.

Estes festexos están organizados pola Comunidade de Montes San Martín Castelo e Fraga Moura. Anuncia que o campo da festa está cuberto con carpa.