Primeiros Auxilios
O centro social Blanca Muruais, de Saldoira, na Pontenova, acollerá un curso de primeiros auxilios o día 15 de novembro, venres, de 16 a 21 horas.
A presidenta da asociación San Pedro da Ribeira de Saldoira, Alba Fernández Lodeiro, anuncia que participar neste curso as persoas interesadas poden inscribirse “falando con calquera membro da directiva, a través das redes sociais da asociación ou do teléfono 619.67.96.67”.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), en colaboración coa Cruz Vermella de Lugo, organiza para o luns 8 de abril ás 17:00 horas unha charla sobre iniciación aos primeiros auxilios “coa fin de achegar coñecementos básicos neste eido”.
Para obter máis información as persoas interesadas nesta actividade poden contactar co teléfono 663.730.068.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de Primeiros Auxilios co obxectivo de adquirir coñecementos e habilidades sobre o manexo de situacións que requiran actuacións de primeiros auxilios básicos (asistencia ante feridas e hemorraxias, dificultades respiratorias, dor torácica, convulsións, queimaduras, síncopes, picaduras ou mordeduras, reanimación cardiopulmonar básica, atragoamento...etc).
Será o 3 de maio ás 16:30 horas no edificio multiusos.
As persoas interesadas en asistir poden reservar praza a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais ou chamando ós teléfonos 982 55 91 09 / 67 7489 457.