
O salón de actos do Centro Cívico de Xove acollerá o luns 9 de xuño ás 16:45 horas a proxección do documental titulado Xove, democracia nuclear.
O documental trata sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio de Xove nos anos setenta. É un traballo de Pedro Lechuga Mallo producido por Germán Pérez Molina.
É unha actividade organizada polo Concello de Xove coa colaboración do IES Illa de Sarón.
A entrada é de balde ata completar o aforo.