Os colectivos Peña Ñasss e Farangullas organizan unha sardiñada en Foz este sábado, 12 de xullo

Os colectivos do Entroido focego Peña Ñasss e Farangullas organizan unha sardiñada en Foz este sábado, día 12 de xullo. Será no Paseo da Ribeira, ao lado de Portochico, desde as 19:00 horas.

Haberá sardiñas, cachelos e bolos preñados. E o bar estará a cargo da comparsa As Farangullas.