O Vicedo acolle a primeira andaina contra o cancro este domingo, 20 de xullo

Presentouse a primeira edición de O Vicedo En Marcha Contra o Cancro, unha actividade lúdico-deportiva que se celebrará este domingo, 20 de xullo, desde as 11:00 horas e que contará cunha andaina con saída dende a Ponte Vella do Vicedo (ponte metálica sobre o río Sor) ata o parque de O Vicedo.

“Con este evento local queremos tinguir de verde O Vicedo, co obxectivo de concienciar a sociedade sobre a importancia dun estilo de vida saudable para previr o cancro, e demostrar que a provincia de Lugo é un exemplo de loita contra o cancro. Patrocinado por Solán de Cabras; colabora o Concello de O Vicedo e Eroski Center”, anuncia a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

Para participar pode facerse a inscrición online en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../vicedo-en-marcha... ou de forma presencial ata o venres 18 de xullo na Casa da Cultura de 11:00 a 13:00 horas e o propio día do evento no punto de saída a partir das 10:00 horas.