A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebrará o Día do Socio cunha ruta e comida o 2 de agosto

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebrará o Día do Socio cunha ruta e comida o día 2 de agosto, sábado.

A ruta será desde Campo do Oso ata a Capela de San Xosé, en Oural. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa.

A saída será ás 09:00 horas desde o recinto feiral de Vilanova de Lourenzá, onde tamén se celebrará a comida, a partir das 14:00 horas.

As inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 30 de xullo. O prezo é de 10 euros para os socios do colectivo organizador e de 20 euros para os que non o son.