
O Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar coa actuación de Mircromina Títeres este sábado, 19 de xullo, en Alfoz.
A compañía mindoniense representará a obra Pasmo de pedra, unha comedia para publico infantil e familiar arredor da figura de Pardo de Cela. A actuación será ás 13.00 horas no Castelo de Castrodouro, no marco do Mercado Medieval de Alfoz.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia: “trátase da primeira actuación deste ciclo, co que dezaseis compañías lucenses xirarán ao longo do ano por distintas localidades da provincia, en colaboración con concellos e asociacións. Ademais de Mircromina Títeres, Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mircromina Títeres, A Compañía Solitaria do Dr. Monifate, Loia Producións, Tarabela Creativa, Bengala Teatro Físico, Enésima e ZoeVixion participan nesta iniciativa coa que a área de Cultura apoia a rede de compañías profesionais da provincial e amplía a axenda cultural nos concellos da provincia”.