Este sábado, 26 de xullo, terá lugar no campo de fútbol O Cascabeiro a II Festa do Mexillón, que organiza o Celta Barreiros

Este sábado, día 26 de xullo, terá lugar a II Festa do Mexillón, que organiza o Celta Barreiros. O evento, que dará comezo ás 19 horas no campo de fútbol O Cascabeiro, estará amenizado polo grupo ribadense En faldas y a lo loco e por un DJ.

José Manuel García, presidente do Celta Barreiros, anunciou: “teremos mexillóns, arredor de 500 ou 600 quilos. Serviremos racións de mexillóns e de lacón cocido acompañadas de pan, viño e auga. O prezo da ración será de 10 euros. E tamén contaremos con menú infantil, composto por salchichas e patacas”.

García Cela anima “á veciñanza de Barreiros e dos concellos da contorna como Ribadeo, Foz, Trabada, Mondoñedo ou Lourenzá, así como aos visitantes a achegarse este sábado ao campo de fútbol O Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros, a desfrutar da II Festa do Mexillón. A primeira resultou moi ben e agardamos que esta tamén sexa un éxito”.