O 23 de agosto terá lugar a ruta nocturna entre Fazouro e Burela, que organiza Pasada das Cabras

O próximo 23 de agosto a Asociación Deportiva de Sendeirismo de Burela organiza a ruta nocturna Fazouro-Burela, unha experiencia para camiñar baixo as estrelas e descubrir a costa da Mariña Lucense dun xeito diferente.

A aventura comezará ás 21:40 horas coa saída en tren desde a estación de Burela ata a estación de Fazouro. Desde alí os asistentes percorrerán 10 quilómetros de dificultade baixa de volta a Burela.

A actividade ten un custo de 5 euros para socios e 8 euros para os non asociados, que inclúe o traxecto en tren e unha chocolatada ao final da ruta na cafetería Boas Migas.

A organización recomenda levar chaleco reflector e lanterna para garantir unha ruta segura e cómoda.

As inscricións poden facerse no grupo de Whatsapp da asociación ou chamando aos teléfonos 666 609 875 e 676 023 177 ata o mércores 20 de agosto. Para máis información, visite www.pasadadascabras.es e https://www.facebook.com/pasadadascabras