A Cazolga (Lourenzá) celebrará as festas na honra a San Pedro Fiz do 22 ao 24 de agosto

A parroquia da Cazolga (Lourenzá) celebrará os días 22, 23 e 24 de agosto as súas tradicionais festas na honra a San Pedro Fiz.

O venres 22 de agosto, a partir das 21.00 horas, veciños e visitantes poderán gozar dunha gran pulpada e churrascada servida polo Bar Rochela, de Vilalba. A partir das 23:00 horas, a festa continuará cunha animada verbena a cargo da orquestra Marbella e o DJ The Sound Project.

O sábado 23, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne con procesión, seguida dunha sesión vermú co Grupo La Tremenda. Xa pola noite, ás 22:30 horas, repetirase a verbena con La Tremenda e DJ The Sound Project.

O domingo 24, ás 13:30 horas, celebrarase a misa e procesión, tras a que actuará no vermú o Dúo Belinda, poñendo o broche final ás festas.

A reserva dos espazos para as merendas pode facerse desde o 12 de agosto e respectaranse as reservas feitas de anos anteriores.

As festas están organizadas pola Comunidad de Montes Verín e Carras, contando coa colaboración do Concello de Lourenzá.