Ollomao, de Barreiros, estrea a obra de teatro “Dona Clara” con representacións en San Miguel de Reinante os días 19, 21 e 28 de setembro

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, estreará unha nova obra de teatro, titulada Dona Clara; con representacións nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante os días 19, 21 e 28 de setembro.

Ollomao anuncia: “prepárate para coñecer a Dona Clara, unha historia chea de ironía, segredos e contas pendentes … Corenta anos despois de marchar Clara regresa á súa vila convertida nunha das mulleres máis ricas do mundo. Chega disposta a “axudar”, pero a súa proposta porá a proba a moralidade de todo o pobo. O que parece xenerosidade agocha un prezo difícil de asumir …”.

As funcións serán nos Colexios Vellos de San Miguel o venres 19 de setembro ás 22:00 horas, o domingo 21 ás 20:00 e o domingo 28 ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 5 euros e poden reservarse previamente no teléfono 678.546.526 (Marisa, preferiblemente WhatsApp).

“Non perdas a nova obra do Grupo de Teatro do Colectivo Cultural Ollomao. Humor, crítica e emoción nun espectáculo que non vai deixar indiferente a ninguén”, remata Ollomao.