O Vicedo acollerá un curso sobre banca dixital os xoves 16 e 23 de outubro e 6 de novembro

A Aula CeMIT do Vicedo organiza un curso sobre banca dixital que se desenvolverá os días 16 e 23 de outubro e 6 de novembro, xoves, de 17:30 a 20:00 horas.

Haberá tres bloques formativos diferenciados: seguridade (temas relacionados con ciberseguridade, noticias falsas, timos, fishing, etcétera); práctico banco online (uso da banca no móbil e no ordenador, pagos, etcétera) e práctico caixeiros (uso do caixeiro automático).

As inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95, do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal, de forma privada nas distintas redes sociais ou de maneira presencial na Casa da Cultura Aula CeMIT do Vicedo.