
A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará as festas na honra a San Miguel desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.
As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación gratuíta de carne de porco á brasa, verbena amenizada pola orquestra Fuego e sorteo dunha macrocesta.
O sábado ás 10:00 horas empezará a Ruta Cabalar de Viveiro organizada por Cabaleiros do Landro. Ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Elebe 2.0. Desde as 15:30 horas terá lugar un xantar popular no campo da festa, con aforo limitado (reservas ata o dia 23 de setembro). A continuación haberá baile de tarde co dúo Stylo e pola noite na verbena actuará o grupo Elebe 2.0 e a orquestra Los Satélites.
E para o domingo está programada unha sesión vermú prolongada co grupo Zona zero e a partir das 15:30 horas haberá xantar popular no campo da festa con aforo limitado (reservas ata o día 23 de setembro).
Estes festexos están organizados pola Asociación Cultural e Deportiva San Miguel coa colaboración do Concello de Viveiro e da Comunidade de Montes de Galdo.