O Concello do Valadouro organiza un obradoiro de manualidades para os mércores desde o 8 de outubro

O Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo de manualidades, que se desenvolverá na Sala Anexa da Casa da Cultura os mércores a partir das 16:30 horas. A duración desta actividade está prevista dende o día 08 outubro de 2025 ata o 17 de xuño de 2026.

O prazo de solicitude para participar está aberto ata o martes 30 de setembro. As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:30 horas) ou na Casa da Cultura do Concello de o Valadouro.