Foz terá os seus primeiros Cantos de Taberna este sábado, 27 de setembro

A asociación folclórica e cultural A Subela organiza a primeira edición dos Cantos de Taberna en Foz para este sábado, día 27 de setembro, a partir das 20:00 horas.

Participarán os grupos focegos Mar Aberto e Os Retrousos da Subela e desde Viveiro chegará a agrupación Espera que vou mexar. Actuarán no establecementos Express, Xoyma, O Chícaro e Portochico.

“Chegan os I Cantos de Taberna. O vindeiro sábado 27 de setembro a partir das 20:00 andaremos tres grupos animando algúns dos bares de Foz. Agardamos que esta sexa a primeira de moitas edicións!”, anuncia A Subela, que conta coa colaboración do Concello de Foz.