O Concello de Barreiros programa sete representacións teatrais de outubro a decembro

O Concello de Barreiros programa sete representacións teatrais desde este mes de outubro ata decembro, “unha nova programación teatral chea de boas historias e moita vida sobre o escenario”. Todas as funcións serán ás 19:00 horas con entrada libre.

O domingo 19 de outubro Alentía Teatro ofrecerá a obra Maleta aberta no Centro Social de San Cosme; o sábado 25 de outubro, Os Quinquilláns con Cousas nos Colexios Vellos de San Miguel; o domingo 2 de novembro, Avelaiña Teatro con A Lola no Centro Social de San Cosme; o sábado 8 de novembro, Bátega Teatro con O pano nos Colexios Vellos de San Miguel; o sábado 22 de novembro, Tarabela Creativa con Vaites rapariga! no Centro Social de San Cosme; o domingo 14 de decembro, Lume Escénico con Activ@s no Centro Social de San Cosme; e o sábado 20 de decembro, Isabel Risco con Nabiza Girl nos Colexios Vellos de San Miguel.