O grupo teatral O Centiño representa a obra “Trepa, Tripa e Tropa” en San Ciprián (Cervo) este venres, 10 de outubro

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), representará a obra titulada Trepa, Tripa e Tropa na Casa da Cultura de San Ciprián, no municipio de Cervo. Será este venres, día 10 de outubro, ás 20:00 horas.

O Concello de Cervo anuncia: “este venres temos representación teatral para todos os públicos. O Grupo de Teatro O Centiño achéganos a súa obra Trepa, Tripa e Tropa, unha divertida proposta para todas as idades que encherá a tarde de humor e entretemento”.

A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio.