Finca Casa Barbeiro, de Alfoz, a queixería que sorprenderá os padais dos amantes do queixo artesanal

Grupo Casa Barbeiro, como un dos grupos agropecuarios de referencia en Galicia, pon en marcha o seu último proxecto: Finca Casa Barbeiro, a queixería que sorprenderá os padais dos amantes do queixo artesanal.

Finca Casa Barbeiro culmina así un proxecto madurado durante anos, no que se coidaron tódolos detalles para ofrecer o mellor das súas gandeirías.

Dende o corazón do Grupo Casa Barbeiro, enraizado nun entorno privilexiado e cunha profunda tradición familiar, nace Finca Casa Barbeiro co propósito de revalorizar o produto local, creando elaboracións con identidade, orixe e unha calidade recoñecible, sempre baixo o amparo dun traballo ben feito.

No Grupo Casa Barbeiro, o respecto polos animais e polo medio é un piar fundamental en cada proxecto. As vacas leiteiras críanse nunha contorna natural, cun manexo libre de estrés e unha alimentación equilibrada baseada en forraxes de produción propia. As instalacións están deseñadas para maximizar a comodidade dos animais, permitindo condutas naturais que favorecen o seu benestar.

O equipo do Grupo Casa Barbeiro aplica prácticas gandeiras responsables que garanten a saúde, o benestar e a calidade de vida dos animais, certificadas baixo estándares recoñecidos de benestar animal. Este enfoque non só mellora a vida dos animais, senón que tamén se reflicte na excelencia e autenticidade dos queixos que producen.

A queixería espertou o interese de profesionais do sector agroalimentario como José Luis Martín Martín, que coa súa experiencia como xuíz e mestre afinador, está a colaborar para acadar os obxectivos do proxecto de Finca Casa Barbeiro. José Luis leva toda a súa traxectoria dedicada á selección, maduración e posta en valor dos mellores queixos artesanais, tanto nacionais como internacionais, sendo un dos grandes referentes no mundo do queixo en España.

O seu criterio, coñecemento técnico e sensibilidade cara á calidade e a afinación do queixo convertéronlle nun referente indiscutible nos paneis de cata. O seu prestixio profesional reflíctese tanto no seu compromiso coa divulgación da cultura queixeira como no recoñecemento ao traballo de gandeiros e queixeiros.

Cando falamos da elaboración en Finca Casa Barbeiro, falamos de constancia, dun traballo diario feito a man, con dedicación e respecto polo produto. Cada queixo nace dun lote de vacas seleccionado e elabórase artesanalmente, seguindo un método coidadoso que honra as técnicas tradicionais e busca sempre a máxima calidade.

Cunha produción limitada, cada peza de queixo é o resultado dun proceso artesanal meticuloso, pensado para quen valora os sabores auténticos e coñece a orixe do que consome.

Unha vez elaborado, o queixo entra nunha cámara de maduración, onde permanece en condicións controladas de temperatura e humidade. Ao longo deste proceso, que pode durar semanas ou meses segundo o tipo de queixo, desenvólvese a súa textura, aroma e sabor característicos. O queixo vólvese regularmente para asegurar unha maduración uniforme e, nalgúns casos, cepíllase ou conséntese con salmoira, aceite ou outros ingredientes que lle achegan personalidade á codia. É nesta etapa onde o queixo cobra vida e adquire a súa identidade definitiva.

Os queixos de Finca Casa Barbeiro destacarán, sen dúbida, pola súa textura cremosa, sabor equilibrado e codia natural, con notas lácteas e un fondo vexetal que lembra os pastos frescos da Mariña Lucense. Cunha produción limitada, cada queixo é unha xoia artesanal, un produto que emocionará aos nosos avós, evocándolles á súa infancia, un queixo pensado para quen aprecia os sabores de sempre e a orixe do que come.

A visión de futuro do Grupo Casa Barbeiro é un proxecto que representa o primeiro paso cara a un modelo agropecuario máis ético, sostible e consciente, onde o benestar animal, a tecnoloxía e a calidade gastronómica van da man.

Juanjo Fraga, responsable gandeiro do Grupo Casa Barbeiro, está convencido de que o benestar dos seus animais non é só unha decisión ética, senón unha filosofía de traballo que garante un queixo con alma. O obxectivo é facer queixos cos medios técnicos actuais, respectando a súa orixe. Sen dúbida, é un proxecto que busca dinamizar a contorna rural galego, xerando emprego de calidade, colaboracións con produtores locais, accións de formación continua e, no futuro, visitas guiadas.