Os días 17 e 18 de outubro terá lugar a I Xornada arredor do Forte de San Damián, enmarcada no programa Ribadeo cara o Mar

Os días 17 e 18 de outubro terá lugar a I Xornada arredor do Forte de San Damián, enmarcada no programa Ribadeo cara o Mar. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjujro, explicou que “os días 17 e 18 de outubro, organizadas polo Concello, dentro das actividades de Ribadeo cara o Mar, levarase a cabo a primeira Xornada arredor do Forte de San Damián, un encontro divulgativo que busca poñer en valor o patrimonio fortificado costeiro e promover a conservación dun dos símbolos máis singulares da nosa vila”. 

A edil ribadense contou que “o programa consta de 4 sesións temáticas nas que especialistas de Galicia e Asturias abordarán a evolución das defensas costeiras dende o século XVI ata a época contemporánea, con especial atención ao papel estratéxico da ría de Ribadeo”. 

Sanjurjo dixo que “ademais das xornadas, das sesións e charlas haberá visitas guiadas ao casco histórico das fortificacións de Porcillán, degustacións gastronómicas revalorizando os produtos do mar e un concerto de música antiga como peche das xornadas”. 

E engadiu que “as persoas interesadas poden consultar o programa completo e inscribirse gratuitamente ata completar a foro en fortesandamian.gal”.