O 10 de novembro volverán en Barreiros os obradoiros do programa Activamente

O día 10 de novembro, luns, volverán en Barreiros as actividades dos obradoiros do programa Activamente.

O Concello de Barreiros anuncia: “se tes máis de 67 anos, estás xubilado/a con máis de 60 ou tes recoñecido un grao de discapacidade (e a actividade se pode adaptar), isto é para ti. Obradoiros semanais de aprendizaxe e lecer para manter a mente activa, facer novas amizades e pasalo en grande!”.

Desenvólvense durante 1 hora á semana e o prezo é de 10 euros.

Os luns serán nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante de 18:00 a 19:00 horas.

Os xoves terán lugar no Centro Social de Cabarcos de 15:00 a 16:00 horas e no Centro Social de San Xusto de 16:30 a 17:30 horas e nas Escolas Unitarias de San Cosme de Barreiros de 18:00 a 19:00 horas.

E os venres serán en San Cosme de Barreiros de 10:30 a 11:30 horas.

O aforo é limitado a 25 persoas por grupo.

O Concello de Barreiros explica: “precísase pre inscrición previa nas Oficinas Xerais do Concello antes do martes 28 de outubro. Podes entregar o formulario que chega coas cartas informativas.Terán preferencia as persoas empadroadas e as que xa participaron na edición anterior. Non perdas esta oportunidade para manterte activ@, estimular a memoria e pasar un bo rato coa túa xente. Solicita o teu formulario no Concello ou usa o que recibiches na casa e vémonos nos obradoiros!”.