
O recentemente creado Club de Lectura O Vicedo terá a súa primeira reunión o día 5 de novembro, mércores, ás 19:00 horas.
A Casa da Cultura anuncia a creación dese club de lectura e explica que “os participantes reuniranse unha vez ao mes para comentar un libro que lles será prestado polo Club de Lectura e comentarán as súas sensacións sobre a obra, se gustou ou non, a temática, a forma en que foi escrito, etcétera. Unha ocasión para aprender uns de outros e ver as distintas formas de interpretar un libro. En principio vai haber unha reunión inicial informativa a posibles interesados para explicar as características do club de lectura, decidir día e hora de celebración das reunións, etcétera; non implica que vaia quedar ese día da semana nin esa hora. Animámosvos a participar, probar e seguro que vos gusta”.


