Organizan unha cea baile este sábado, 15 de novembro, para as festas de Canedo (Lourenzá) de 2026

A comisión das festas de Canedo, no municipio de Lourenzá, de 2026 organiza unha cea baile para recadar fondos destinados aos festexos. Será o 15 de novembro, sábado, no pavillón de Santo Tomé desde as 21:30 horas.

Ademais de cea haberá regalos, sorpresas e actuacións musicais a cargo do dúo Venús e DJ Billy

A data límite para a recollida dos tickets é o martes 11 de novembro.