A Biblioteca Municipal de Burela convoca o concurso de postais e o certame de poesía infantil Nadal 2025

O Concello de Burela presenta o Concurso de Postais e o Certame de Poesía Infantil Nadal 2025, dúas iniciativas para a cativada impulsadas pola Biblioteca Municipal.

O Concurso de Postais está aberto a nenos e nenas en idade escolar e o prazo de inscrición remata o 12 de decembro ás 20:00 horas. As postais estarán expostas na Casa da Cultura do 26 de decembro de 2025 ao 30 de xaneiro de 2026.

O Certame de Poesía Infantil estará aberto ata o 19 de decembro e está dirixido a cativada e mocidade ata os dezaseis anos. Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Máis información e as bases están na Biblioteca Pública Municipal e na web do Concello de Burela.