
Este sábado, día 22 de novembro, terá lugar na Pontenova o evento titulado A historia nos recunchos. Será ás 17:00 horas no local parroquial (antiga escola) Sagrado Corazón.
O Concello da Pontenova anuncia que será “unha tarde chea de memoria, poesía e música para redescubrir o pasado a través dos vestidos antigos, fotografías e versos”.
Haberá un recital poético musical con Suso Vilar Becerra, Alberto Torres Roca, Miguel Piñeiro Moure, Manuel López Torrente, Nerea Botana Díaz, Ángela Gómez de Ávila, Valeria Rego Pol, Ainara Samblás Fiallega e Erea González Gallo. Será presentado por Rocío Pérez Oliva.
Ao remate compartirase unha merenda doada polo Concello da Pontenova.


