Celeiro de Mariñaos (Barreiros) celebra un magosto este domingo, 23 de novembro

Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará un magosto este domingo, día 23 de novembro.

As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú coa actuación musical da formación Dous de copas. A comida será ás 14:00 horas e haberá bolo preñado, empanada, xamón cocido, castañas asadas e sobremesa. Ás 17:30 horas farase unha chocolatada con música en directo.

Organiza esta actividade o colectivo Irmandade San Caetano.