
Na cita participarán 14 locais hostaleiros. As hamburguesas e as cervexas serán as protagonistas desta proposta gastronómica de Acia Foz-CCA.
O presidente de Acia Foz, José Carlos Paleo, dixo que “queremos comezar a ponte festiva cunha proposta gastronómica para a veciñanza e para as moitas persoas que se achegarán a pasar esas xornadas na nosa vila. Os días 5 e 6, venres e sábado, celebraremos a DecemBeer & Burguer con diversidade de elaboracións que atoparemos nos catorce locais participantes”.
Os establecementos que se dan cita na Decembeer & Burguer son: 9 Olas, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Bar 78, Café Bar Campos, Cafetería Anduriña, Dandy, Espacio Machete, Las Delicias de Belkis, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma.
Esta xornada gastronómica está organizada por Acia Foz-CCA coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.


