Este sábado, 20 de decembro, haberá “Guateque de Arruguiñas” en San Ciprián (Cervo)

Este sábado, día 20 de decembro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas na Casa do Mar de San Ciprián, no municipio de Cervo. Será desde as 19:30 horas e estará amenizado polo dúo Estrellas.

É unha actividade organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terramar.

“Este Nadal teremos tamén Guateque de Arruguiñas. O vindeiro sábado convidámosvos a desfrutar dunha tarde noite chea de música, baile e bo ambiente co dúo Estrellas. Un plan perfecto para desfrutar, reencontrarse e celebrar xuntos estas datas tan especiais”, anuncia o Concello de Cervo.