
O Apalpador estará este domingo, día 28 de decembro, desde as 18 horas na Praza do Concello de Barreiros.
Esta visita está organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, que anuncia: “xa chegou o señor Apalpador e este ano vén acompañado de música, cantigas e encontro arredor da tradición, nun obradoiro en familia con Blanca Villares. Esta actividade vén promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros para completar así unha tarde de lecer e cultura. E volveremos ter chocolatada”.


