Nadal en familia en Ribadeo con actividades infantís gratuítas, cine e musicais

O Concello de Ribadeo organiza moitas actividades para pasar este Nadal en familia.

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explica: que “hoxe, luns, e mañá, martes, na carpa instalada no parque de San Francisco teremos actividades infantís gratuítas pola mañá e pola tarde en horario de 12 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. As nenas e os nenos que se acheguen ata alí poderán gozar de chan interactivo, obradoiros e interactive dance mats”.

A concelleira de Familia, Elena Sierra, conta que “o cine tamén está presente na programación de Nadal do Concello de Ribadeo. Hoxe teremos as proxeccións de Tom e Jerry e tamén El gran premio, a partir das 17:00 horas en Cinelandia. E mañá, martes, San Simón e Bob Esponja, tamén ás cinco da tarde. O prezo da entrada é de 2 euros”.

Silvent subliña: “o que queremos con toda a programación deseñada desde o Concello de Ribadeo é axudar á conciliación laboral e familiar nestas datas nas que as nenas e os nenos están de vacacións escolares. Temos que lembrar que nas carpas de Rosalía de Castro seguen abertas a pista de xeo e o Ribaxogo, que un Nadal máis son un auténtico reclamo”.

Sierra engade que “na axenda aínda quedan máis citas importantes como os musicais dos que poderemos gozar os días 4 e 10 de xaneiro no auditorio municipal ás 17 horas. O primeiro será Aladdin e o segundo Mago de Oz. Animamos a todas as familias de Ribadeo e da contorna a achegarse a gozar de todas as actividades que atoparán para as súas nenas e nenos en Ribadeo durante este Nadal”.