En Viveiro haberá bailes de tarde este sábado, 17 de xaneiro, e os días 7 e de febreiro e 7 de marzo

O Concello de Viveiro impulsa o programa Viveiro Baila, unha proposta de lecer dirixida ás persoas maiores que ten como obxectivo “fomentar a convivencia, o benestar e a participación social a través da música e do baile”. Os bailes de tarde desenvolveranse no salón de actos do Conservatorio de Viveiro, sempre a partir das 19.00 horas, e contarán con actuacións musicais en directo. A programación prevista é a seguinte: o sábado 17 de xaneiro actuará o dúo Dilema; o sábado 7 de febreiro, o dúo Caramelo; e o sábado 7 de marzo, o dúo Venus.

Con esta iniciativa, o Concello de Viveiro “aposta por ofrecer espazos de encontro e actividades adaptadas ás persoas maiores, promovendo un envellecemento activo e unha vida social dinámica”.