A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta por Abadín para o 25 de xaneiro

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 25 de xaneiro, domingo, a ruta dos Muíños, no municipio de Abadín. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o luns 19 de decembro a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e anuncia que é unha ruta “por el cauce de un hermoso río, con molinos y una preciosa fraga”.