
Alfoz acollerá clases de baile de verbena os xoves desde febreiro ata xuño de 18:30 a 19:30 horas.
O Concello de Alfoz colabora nesta actividade “pensada para aprender, moverse e gozar ao ritmo de rumbas, pasodobres, bachatas, tangos e moito máis. Unha proposta aberta para pasalo ben, aprender pasos novos e compartir baile en boa compañía”.
O prezo é de 35 euros por persoa ao mes e os interesados en participar deben anotarse previamente a través do teléfono 982.55.80.01.


